Zas edita unha Axenda Escolar Contra as Violencias para o vindeiro curso

1 minutes read

O concello de Zas ven de repartir entre o alumnado local as “Axendas Escolares Contra as Violencias” editadas polo Concello . Os cadernos conteñen debuxos e frases como “Todos podemos ser o que queiramos”, “Non sigas os esteriotipos” e “Violencia fora, igualdade dentro” realizadas polo propio alumnado no marco dun obradorio de catro sesións que realizaron no pasado mes de abril.

Esta iniciativa forma parte dun programa de concienciación e sensibilización posto en marcha polo Concello de Zas a través do cal se persegue combater a violencia de xénero e as desigualdades.

Moitas das actividades deste programa leváronse a cabo nos diferentes centros educativos do municipio ao longo de todo o curso escolar. Unha das máis chamativas e maior repercusión tivo entre a veciñanza foi a de encher de poemas sobre a igualdade os diferentes locais comerciais, establecementos hostaleiros e edificios públicos do municipio.

“Con este programa pretendemos implicar aos diferentes axentes sociais para entre todos formar unha sociedade igualitaria”, sinala Patricia Fariña, Concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude do Concello de Zas.