Zas | En marcha un completo programa con actividades deportivas, de ocio e de lecer


Atletismo, fútbol, tenis de mesa, pilates, cociña, manualidades, manexo do móbil, informática, teatro,… son algunhas das propostas que se inclúen no programa de actividades deportivas, de ocio e de lecer para toda a veciñanza que vén de poñer en marcha o Concello de Zas a través do departamento de Cultura e Deportes. En total son máis de 25 actividades que se desenvolverán en diferentes localizacións do noso municipio e que arrancarán o vindeiro 18 de outubro. Dado o número de prazas son limitadas, as persoas interesadas deberán facer un preinscrición previa.

Co fin de fomentar o deporte e actividade física, ofértanse catorce propostas deportivas diferentes. Os máis novos poderán elixir entre fútbol, tenis de mesa, patinaxe, tiro con arco, multideporte, xadrez, balonmán, judo, taekondo e atletismo. Mentras que para as persoas adultas haberá clases de pilates, ximnasia de mantemento, ximnasia terapéutica, zumba, tenis de mesa e tiro con arco. 

Fai clic para acceder a Programa_Actividades_ConcellodeZas_2021_2022.pdf