Este domingo tivo lugar a entrega dos premios da V Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, organizada polo departamento de Cultura do Concello de Zas, o acto celebrouse no Auditorio de Baio, no que se repartiron 3.500 euros en premios.
Premio á mellor obra elixida polo xurado (900€, trofeo e diploma acreditativo): “Un desastre de función”, de Gargallada Teatro
▪ Premio á segunda mellor obra elixida polo xudado (800€, trofeo e diploma acreditativo): “Cásting”, de Hipocrita Teatro
▪ Premio á terceira mellor obra elixida polo xudado (700€, trofeo e diploma acreditativo): “Sobre o mal que me fai o tabaco”, da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada
▪ Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado (500€, trofeo e diploma acreditativo): “Crime desorganizado”, da Agrupación Teatral Mariñán
▪ Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado (400€, trofeo e diploma acreditativo): “Olimpo´s”, de Farandoleiras Cabaré
▪ Premio ao mellor actor (trofeo e diploma acreditativo): Gonzalo Valcárcel, pola súa interpretación de Iván Ivanovich na obra “Sobre o mal que fai o tabaco”, da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada
▪ Premio á mellor actriz (trofeo e diploma acreditativo): Natalia Fernández, pola súa interpretación de Úrsula Cimarrón na obra Cásting, de Hipócrita Teatro
▪ Premio á mellor obra elixida polo público (200€, trofeo e diploma acreditativo): “Un desastre de función”, de Gargallada Teatro
Un ano máis, dende o Concello de Zas dan as grazas aos centos de persoas que manteñen vivo o teatro afeccionado e tamén ao público que acompaña todas as representacións e que fan que ano tras ano esta mostra de teatro sexa un éxito. Tamén fixeron unha especial mención ao grupo de Teatro Badius por toda a súa colaboración.