Zas esixe que o Sergas explique os motivos da cancelación das citas no servizo de pediatría

Según explican dende o concello, sen previo aviso e sen ningún tipo de explicacións un bo número de nenos e nenas do municipio quedaron este xoves sen atender despois de que se cancelaran as súas citas programadas para o servizo de pediatría. Segundo as queixas recibidas, a situación agrávase moito máis xa que tampouco é posible pedir cita dentro deste servizo para os próximos días 13 e 29 de maio. Estes feitos obrigan ás familias a recorrer ao servizo de urxencias para solucionar unha consulta propia da atención primaria colapsando así as urxencias e tendo que desprazarse a outros centros de saúde.

“Descoñecemos totalmente os motivos destas cancelacións”, indica o Alcalde de Zas, Manuel Muíño. Ante esta situación, o Concello de Zas presentará unha reclamación no Sergas para trasladarlle, por unha parte, o malestar da veciñanza e, por outra, para solicitar que de unha vez por todas se garanta o servizo nos dous centros de saúde do municipio.

Despois dos recortes do ano pasado, o servizo de pediatría no concello de Zas reduciuse a 15 horas de atención semanal repartidas nos centros de saúde de Zas e de Baio. Unha atención que tanto para o goberno municipal como para os centos de familias afectadas resulta insuficiente.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha