Zas esíxelle a Telefónica que complete o despregue da banda ancha no municipio

“Acabóusenos a paciencia polo que comezaremos a realizar mobilizacións para que Telefónica complete o antes posible o despregue da banda ancha en todo o municipio”. Estas foron as palabras pronunciadas polo Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, despois do encontro que mantivo con veciños e veciñas da parroquia de Muíño que veñen de recoller unhas 200 firmas para reclamar a instalación da fibra óptica. Estas sinaturas presentaranse agora ante a sede de Teléfonica na Coruña e convértese nunha das primeiras accións para acelerar o proceso do despregue da banda ancha en todo o municipio que leva meses de retraso.

Retraso de Telefónica

“Despois de máis dun ano de reclamacións, a pasada semana Telefónica ampliou a banda no Parque Empresarial do Allo. Aínda así levaba máis de sete meses sen executar ningún traballo para dar este servizo a veciñanza”, sinala Muíño. Unha das próximas accións que se realizará son reunións coas persoas afectadas para ver cales son as mobilizacións que se realizarán para esixirlle á multinacional que complete o despregue en todo o municipio o antes posible. “Temos varios casos nos que unha casa non ten conexión a banda longa a pesar de pasarlle o cable por diante da porta”, indica o rexedor. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha