O Concello de Zas habilita varias liñas de autobús para todos aqueles veciños e veciñas que o desexen poidan asistir á manifestación convocada para o próximo 2 de setembro diante da sede de Abanca da Coruña ás 11:30 horas.
O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, anima a toda a veciñanza a participar nesta manifestación convocada polos Concellos de Zas, Vimianzo e A Baña e á que tamén se sumarán veciños e veciñas doutros municipios nos que está previsto de forma inmediata o peche de sucursais de Abanca. “Imos esgotar todas as posibilidades que temos na nosa man para lograr que Abanca reconsidere esta decisión”, sinala Muíño.
Co fin de facilitar os desprazamentos da veciñanza, o Concello de Zas fletará varios autobuses. Estes son os horarios e os puntos de saída:
- 09:00 horas: Limideiro (Brandomil). Taberna de Isidro
- 09:15 horas: Marán (Muíño). Diante da Taberna Suárez
- 09:30 horas: San Martiño de Meanos. Diante da igrexa
- 09:45 horas: Zas. Praza do Concello
- 09:30 horas: Baio. Parada de autobuses
- 09:40 horas: Lamas. Diante do estanco
- 09:50 horas: Carreira. Cruce da praia fluvial
- 10:00 horas: Sixto (Gándara). Diante da escola
