O Bono Social Telefónico forma parte do Servizo Universal de Telecomunicacións. É unha bonificación na cuota de liña dirixa a pensionistas e xubilados que supón unha importante redución na liña telefónica fixa.
Beneficiarios:
Os beneficiarios do Bono Social Telefónico son xubilados e pensionistas sempre e cando a súa renda familiar non supere os 9.023,50€.
É necesario ter en conta que a renda familiar non supere o 120% do IPREM – Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples – segundo o acordo da Comisión Delegada para Asuntos Económicos, publicada no BOE 149 a data de 19 de xuño de 2010.
Vantaxas:
O Bono Social Telefónico supón unha importante axuda económica tanto na cota de alta dunha liña fixa individual como unha destacada redución da factura mensual deste servizo. O beneficiario contará cunha redución do 70% na cota de alta inicial e instalación da liña fixa telefónica e dun 95% no recibo mensual de dita liña.
Cabe destacar que este servizo só é compatible coa contratación de liñas individuais.
Como solicitalo?
Podes solicitar o Bono Social Telefónico de tres maneiras diferentes:
- Por correo electrónico: abonosocial@telefonica.com
- Por carta: Apartado de Correos 213 (48080) Bilbao
- Por Fax: 901 50 37 00
En calquera dos tres casos debes incluír os seguintes datos:
- Nome e apelidos do titular da liña. No caso de que o titular da liña sea o cónxuxe do solicitante, hai que incluir o nome, apelidos e DNI
- Número de teléfono da liña fixa na que se solicita o Bono Social
- Documentación que xustifique a situación familiar e a condición de pensionista ou xubilado
Para máis información:
- https://queadslcontratar.com/abono-social-telefono
- https://www.comparaiso.es/gestiones/contratar/teleasistencia
- Ou no Concello de Zas (981 70 83 03)