Zas instala colectores de aceite doméstico usado en todas as parroquias

1 minutes read

O Concello de Zas comezou a instalación dos colectores de recollida de aceite doméstico usado que se colocarán estratexicamente en diferentes puntos do municipio. En total instalaránse na vía pública vinte colectores específicos para este fin e que poderán ser usados pola veciñanza co fin de reducir a pegada ambiental e evitar así a contaminación dos solos e das augas. Unha vez usado, as familias deberán recoller o aceite de uso doméstico en botellas de plástico reutilizadas e estas depositaranse debidamente pechadas no interior do colector. O Concello de Zas tamén ofrece un servizo de recollida gratuíto nos diferentes locais de hostalería do municipio. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?