viernes, 29 mayo , 2026

Zas inviste 141.000 euros na reforma do pavillón municipal de Baio

1 minutes read

Estes traballos teñen como finalidade optimizar o seu uso así como mellorar a accesibilidade e a salubridade das instalacións. As tarefas céntranse na renovación e na reordenación da zona de vestiarios, aseos e zonas comúns que afecta a un total de 320 metros cadrados.

As obras consisten principalmente na mellora da distribución actual co fin de darlle resposta ás novas esixencias das instalacións e ofrecer así o máximo aproveitamento posible. Esta reforma permitirá tamén mellorar a estética destas intalacións e a súa salubridade xa que os novos acabados facilitan a limpeza e o mantemento.

Para iso, realizouse a demolición dos tabiques existentes para substituílos por outros novos atendendo á nova distribución, renováronse os acabados e as carpinterías interiores e exteriores, instalouse falso teito e renovouse as instalacións eléctricas, de fontanería e de saneamento. Por outra banda, con esta reforma tamén se mellora a accesibilidade ás intalacións cumprindo así a normativa vixente.