Zas inviste máis de 95.000 euros no acondicionamento da súa rede viaria

Limpeza de cunetas en Zas_Cedida.

O Concello de Zas continúa mellorando a saúde da súa extensa rede viaria. Así, estes días estase a realizar unha intensa campaña de limpeza de cunetas que afecta a uns 70 quilómetros de estradas asfaltadas de titularidade municipal.

Os traballos, que contan cun orzamento de 95.643,69€, consisten principalmente na limpeza das cunetas a ambos marxes da estrada e no desatacamento dos tubos de acceso ás fincas.

Con esta campaña mellórase, por unha banda, a seguridade viaria e, por outra, refórzase o mantemento das estradas grazas a que estes traballos facilitan unha correcta drenaxe lonxitudinal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha