25
O goberno municipal de Zas quere que todos os nenos e nenas do municipio gozen da maxia do Nadal. Así que ademáis de deseñar un programa específico para estas festas no que moitas das actividades se realizarán nos propios centros educativos, o Concello de Zas levou ao alumnado a pista de xeo natural instalada en Vimianzo. As visitas realizaronse en horario escolar e por quendas. O xoves viaxaron os alumnos e alumnas do CPI de Zas; o venres foron os do CEIP Labarta Pose de Baio e este luns foi a quenda dos do IES Maximino Romero de Lema. En total foron case 250 alumnos e alumnas de diferentes idades os que participaron nestas excursións.