Zas | Nova edición do programa “Contra as Violencias, Educación”

Vida de Cans.

Baixo este lema, o Concello de Zas vén de poñer en marcha un novo programa de actividades para todos os públicos, dará comezo este sábado e o teatro será un dos fíos condutores. Esta programación pretende fomentar a sensibilización contra as violencias machistas entre os diferentes grupos de idade. Para iso programáronse unha serie de obras de teatro tanto infantís como para adultos. Todas as funcións son de balde e, excepto nas escolares, para asistir é necesario reservar praza no Centro Sociocultural de Zas (981 751 398) ou no Centro Sociocultural de Baio (981 718 056).