34
- Trátase dunha actividade organiza desde a biblioteca do centro
Coa chegada da primavera, a biblioteca do IES Maximino Romero de Lema de Baio (Zas) celebrará a cuarta edición do Mes do libro durante todo abril.
O alumnado terá a oportunidade de escoitar a escritores premiados como Héctor Cajaraville, que compartirá as súas reflexións sobre Denébola, a Roxa, ou Arantza Portabales, que falará das peripecias dos detectives Abad e Barroso en A vida secreta de Úrsula Bas.
Tamén visitarán o instituto escritores noveis como Nee Barros, que comentará o libro Identidade; a ilustradora e autora Laura Suárez, que ilumina mitos e lendas que teñen como escenario máxico o Monte Pindo, ou a ilustradora Sofía Fondo, coñecida sobre todo pola ilustración que acompañou ás Tanxugueiras.