Zas organiza a V edición da Mostra de Teatro Afeccionado

Trátase da Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” que xa vai pola súa quinta edición e que ten como obxectivo fomentar a cultura no eido das artes escénicas e, en particular, no eido afeccionado.

No certame, no que poden participar todas as compañías e/ou grupos de teatro afeccionado de Galicia, repartiranse un total de 3.500 euros en premios.

O prazo de inscrición xa foi aberto coa publicación das bases do concurso no BOP – Boletín Oficial da Provincia – do pasado 19 de febreiro e prolongarase ate o 20 de marzo de 2020. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha