Zas | Os obradoiros de Samaín volven ás Torres do Allo


Debido á situación provocada polo Covid-19, este ano non se celebrará o tradicional magosto tal e como o viña organizando o Concello de Zas nos últimos anos. O que si se manteñen son os obradoiros de Samaín que están dirixidos aos máis novos da casa e que terán lugar o vindeiro 1 de novembro no propio pazo das Torres do Allo. Esta é unha actividade, organizada polo Concello de Zas a través do departamento de Cultura en colaboración coa Deputación da Coruña, e que está dirixida aos nenos e nenas de 4 a 12 anos. Realizaranse dúas quendas de dous grupos cun máximo de 4 participantes por grupo. A primeira quenda será de 11:00 a 13:00 horas mentras que a segunda será entre as 16:00 e as 18:00 horas. 

Seguindo o protocolo de prevención do Covid-19, os participantes deberán levar máscara e realizar unha inscrición previa en calquera dos Centros Socioculturais do municipio:

  • Centro Sociocultural de Zas: 981 751 398 (de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas)
  • Centro Sociocultural de Baio: 981 718 056 (de martes a venres de 15:00 a 21:30 horas e sábados de 10:00 a 18:00 horas).