Zas pon a punto a praia fluvial e a área recreativa de Carreira

1 minutes read

O Concello de Zas vén de poñer a punto a praia fluvial e a área recreativa de Carreira de cara á nova tempada de verán. Os traballos realizados, tanto de forma mecánica como manual, centráronse na retirada de residuos, en cortar o céspede e no acondicionamento da area.

Dende a entrada en vigor da Fase 2 do Plan de Desescalada, permítese o acceso a praias e outros espazos naturais mantendo a distancia social e garantíndose as máximas condicións hixiénicas e sanitarias para evitar a propagación do Covid-19. 

Nesta mesma liña, o Concello de Zas vén de poñer en marcha unha campaña de hixienización e desinfección de beirarrúas e espazos públicos dos diferentes núcleos do municipio.