Zas pon en marcha a I Ruta pola Igualdade, ata o día 15

1 minutes read

Este ano Zas celebra o Día Internacional da Muller cun programa adaptado á situación sanitaria actual e no que I Ruta pola Igualdade será unha das actividades principais. Esta é unha actividade para participar libremente e que consiste en percorrer ata o 15 de marzo os photocalls ubicados en distintas localizacións do municipio. Unha vez que os percorras todos podes subir as fotos ás túas redes sociais etiquetándoas e cos hashtags #8MZas e #Zaspolaigualdade. Ou se o prefires tamén podes mandar as fotografías ao enderezo electrónico cim@concellodezas.org. As tres primeiras persoas que completen a ruta terá un premio sorpresa.

Estas son as localizacións con photocall: 

  • Praza do Concello
  • Carballeira de Zas
  • CPI de Zas
  • Pavillón Municipal de Zas
  • Torres do Allo
  • IES Maximino Romero de Lema
  • Pavillón Municipal de Baio
  • CEIP Labarta Pose
  • Praza do centro de Baio 
  • Ponte de Brandomil

Outras actividades

  • Obra de teatro “Invisibles”: A compañía Redrum Teatro traénos o sábado 12 de marzo ao Auditorio do Concello a súa obra de teatro «Invisibles» na que narra casos reais de violencia de xénero sufridos por sete mulleres galegas. A función, dirixida ao público adulto, comeza ás 20:00 horas e para asistir é necesario reservar entrada no 981 751 398
  • OitoM. Moito por cambiar. A Deputación da Coruña organiza un foro e tres conversas en liña nas que se reflexionará sobre os retos relacionados coa posición da muller no mercado laboral así como as intersecións da Covid19 coas violencias machistas e os efectos específicos nos corpos e na saúde das mulleres. Para participar é precisa inscrición previa a través do formulario i.gal/oitoM