Zas pon en marcha o programa «Maio, mes das letras»

1 minutes read

Con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano está adicado á escritora, poeta e traductora Xela Arias, o Concello de Zas -a través da Concellería de Cultura e das Bibliotecas Municipais- vén de poñer en marcha o programa “Maio, mes das letras”. As actividades, dirixidas principalmente aos máis novos da casa, esténdense ao longo de todo o mes e levaranse a cabo en diferentes ubicacións. 

Unha das actividades que marca o inicio desta programación é o XII Concurso de Marcapáxinas co que se suman aos actos de homenaxe a Xela Arias. Neste certame poderán participar as alumnas e alumnos dos centros escolares do Concello de Zas sendo o Día das Letras Galegas o tema obrigatorio. Haberá tres categorías: ata os 5 anos; de 1º a 5º de Primaria e de 6º de Primaria a 4º da E.S.O. Outorgaranse dous premios por categoría dotados cun lote de libros cada un e terase en conta a calidade dos deseños, a imaxinación e a orixinalidade. Os traballos poden enviarse ata día o 19 de maio. Os marcapáxinas premiados utilizaranse tanto na Biblioteca Pública Municipal de Zas e coma na Axencia de Lectura de Baio acompañando a cada libro que se preste até o Día das Letras do ano 2022.  As bases completas poden consultarse na páxina web do Concello de Zas.

Programa