Zas pon en marcha un programa de andainas para este outono

  • A primeira andaina será o sábado, 3 de outubro, será unha ruta fluvial de Baio e a subida ao monte Castelo. Son un total de 14 quilómetros que discorren polo roteiro acondicionado recentemente polos membros da Asociación Veciñal Tabeirón de Baio. Ao longo do percorrido visitaremos lugares como a carballeira de Baio, a área recreativa de Pedra Vixía, o dolmen de Pedra Vixía, as Torres do Allo e dende alí ao monte O Castelo. A saída será ás 10:00 horas dende o paseo fluvial de Baio.
  • ruta da auga será outro dos percorridos deste programa de andainas. Haberá dúas quendas; unha o 10 de outubro e outra o 18. Fervenzas, unha variada flora e fauna, muíños, un batán, pontellas, abellarizas, mámoas e mesmo un castro son algúns dos elementos que conforman este roteiro que discorre, nalgúns casos, por antigos camiños recuperados e, por outros, por sendas de ribeira. En total son 10 quilómetros de dificultade baixa. En calquera dos dous casos a saída é ás 10:00 horas dende a Praza do Concello
  • E xa para rematar, o sábado 24 de outubro realizarase a ruta das carballeiras. Son uns 13 quilómetros de percorrido no que se pasará polo castro de San Adrián de Castro, polo pazo de Romelle e polo pazo da Edreiras entre outros moitos máis espazos naturais do municipio. A saída é ás 10:00 horas dende a Praza do Concello. 

Inscricións

Para participar en calquera das rutas é necesario inscribirse previamente en calquera dos Centros Socioculturais do municipio ou a través dos números de teléfono 981 751 398 ou 981 718 056. 

O número de prazas por cada ruta son limitadas e todos/as os/as participantes deben de levar máscara.