Trátase dunha medida posta en marcha polo Concello ante a situación de emerxencia sanitaria causada pola expansión do coronavirus. Un dispositivo especial para desinfectar zonas comúns como os accesos aos edificios e comercios que manteñen a súa actividade para abastecer á poboación de productos de primeira necesidade e medicinas; tales como supermercados, bancos, farmacias, etc. Destas tarefas encárganse os operarios municipais e ten como obxectivo reducir e minimizar o risco de contaxio por coronavirus entre a poboación.
Ademais os distintos departamentos municipais seguen atendendo aqueles casos de urxencia e extrema necesidade que afectan ás persoas máis vulnerables nesta situación como poden ser persoas maiores ou con patoloxías crónicas que viven soas. Habilitar un teléfono móbil a unha persoa maior do municipio que vive soa, dotar dunha camilla á nova zona de illamento coa que conta o Centro de Saúde de Baio, levar productos de 1ª necesidade a familias vulnerables ou atender ás dubidas da veciñanza foron algunhas das accións realizadas estes días dende o Concello de Zas.