Zas pon en marcha unha nova campaña de trampeo da vespa velutina

1 minutes read

O Concello de Zas plántalle cara á vespa velutina cunha nova campaña de trampeo que se vén de poñer en marcha coa colaboración da veciñanza e que se realizará durante os meses de marzo, abril e maio, época na que as raíñas despertan do seu letargo invernal e comezan a facer os niños. Repartíronse xa unhas 75 trampas co seu correspondente líquido atraínte para o vindeiros meses, pero aquelas persoas que queiran poden achegarse calquera día da semana ao Centro Sociocultural de Zas en horario de mañá para recoller as trampas e colocalas preferiblemente en zonas onde haxa camelias. No Concello levarase un rexistro do número de trampas instaladas pola veciñanza e cada quince días deberán informar sobre as raíñas capturadas. Ademáis, instalaranse outras 80 trampas en lugares sensibles como os paseos fluviais, os exteriores dos centros educativos e nas Torres do Allo, entre outros.