Zas prepara un completo programa de actividades para vivir o Nadal


O Nadal xa está á volta da esquina e no Concello de Zas preparan un programa de actividades para desfrutar desta época chea de ilusión e de maxia. Aínda que hai actividades para todos os públicos, os verdadeiros protagonistas son os máis novos da casa, que poderán gozar dos espectáculos que lles teñen preparados para eles.