Zas recibe o Nadal cun completo programa de actividades para toda a veciñanza

No Concello de Zas xa teñen todo preparado para recibir as festas do Nadal e desfrutar da maxia e da ilusión propia destas datas. E para iso prepararon un completo programa con actividades diferentes para toda a veciñanza que se suma ao alumeado festivo que xa loce polas súas rúas.  Teatro para adultos, contacontos infantís, obradoiros, os campamentos de nadal, a vista de Papá Noel, a Cabalgata dos Reis Magos son algunhas das propostas deste Nadal que se suman a unha gran festa de pre fin de ano que se celebrará o día 30 na Praza Jorge Mira de Baio. Todas as actividades son gratuítas e para asisitir aos obradoiros ou aos campamentos é necesario anotarse previamente no Centro Sociocultural de Zas ou no de Baio ou a través dos seguintes números de teléfono: 981 751 398 / 981 718 056.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha