Zas recolleu máis de 400 quilos de aceite usado desde a implantación do servizo

Dende o pasado mes de xuño e ata o 7 de novembro recolléronse nos vinte colectores instalados en distintos puntos do municipio un total de 404 quilos de aceite usado. A correcta xestión deste residuo evitou a contaminación de 444.400 litros de auga, xa que é vertido que se soe tirar polo sumidoiro. 

O Concello de Zas iniciou en xuño a instalación destes colectores e actualmente conta cun total de vinte distribuidos por todas as parroquias do municipio. Calquera veciño ou veciña pode usalos e o único requisito é depositar o aceite doméstico usado en botellas de plástico recicladas e ben pechadas. Dende o Concello de Zas tamén se ofrece para os locais de hostalería un servizo de recollida porta a porta gratuíto. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha