Zas | Reorganización no goberno local

Concello de Zas

No último Pleno Extraordinario celebrado o pasado 19 de febreiro aprobouse a creación de novas áreas de traballo e a súa correspondente asignación da xestión aos concelleiros do equipo de goberno. Os principais cambios afectan ao 1º Tenente de Alcalde, Óscar Lema Romero, e ao 3º, José Manuel Brenlla Castiñeira.

Desta forma, Óscar Lema pasará a encargarse das seguintes áreas de traballo: vías, obras municipais, persoal, verbenas e padrón. Mentras que José Manuel Brenlla xestionará a área correspondente ao persoal da brigada de vías e obras así como dos demais empregados públicos que realicen funcións na mesma. Tamén levará a supervisión, dirección e control dos traballos que realicen os empregados desta área. 

Estes cambios, implicaron unha remodelación do resto de concellarías que quedou como sigue:

  • Concellaría de Cultura: Óscar Lema Romero
  • Concellaría de Benestar e Sanidade: Cristina Pardiñas Lorenzo
  • Concellaría de Deportes, Turismo e Servizos Municipais: José Manuel Brenlla Castiñeira
  • Concellaría de Feiras, Mercados e Patrimonio Municipal: Natalia Espasandín Pazos
  • Concellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible: Germán Pérez Freire
  • Concellaría de Educación e Promoción Económica: María Pilar García García
  • Concellaría de Muller, Xuventude e Igualdade: Patricia Fariña Pedrosa
  • Concellaría de Persoal da Área de Vías e Obras: José Manuel Brenlla Castiñeira