Zas seguirá divulgando a figura e a obra de Enrique Labarta Pose

O próximo outono o Concello de Zas ten previsto realizar novas actividades encamiñadas a seguir divulgando a figura e a obra de Enrique Labarta Pose.

Este foi o motivo polo que o Alcalde, Manuel Muíño, acompañado pola Técnica de Turismo, Tania Carreira; mantiveron un encontro co Presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, quen ademais tivo a oportunidade de coñecer de primeira man todas as accións que se realizaron ao longo dos últimos anos, en colaboración coa Comisión Labarta Pose, a través das cales se pretende que Enrique Labarta Pose teña o seu propio Día das Letras Galegas.

O Presidente da RAG recibiu varios exemplares do folleto informativo sobre a vida e obra do escritor baiés e no que inclúe tamén toda a información sobre o Roteiro Literario de Labarta incluído no “Proxecto Roteiros” do Consello da Cultura Galega. Freixanes comprometeuse a repartir os folletos entre os asistentes ao próximo pleno que celebre a institución. Ademais, o Alcalde de Zas entregoulle un exemplar do libro “Zas polo miúdo” e un marcapáxinas de liño.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha