Zas ten todo preparado para celebrar o Entroido

2 minutes read
  • Un concurso de disfraces con case 1.200 euros en premios, obradoiros infantís, filloas á pedra e moito máis.

As actividades arrincarán cos obradoiros infantís que se desenvolverán os días 24 e 25 de febreiro nos Centros Socioculturais de Zas e de Baio entre as 11:00 e as 13:00 horas. Os talleres, que son gratuítos, están dirixidos a nenos e nenas de 4 a 12 anos e para participar é necesario inscribirse previamente no número de teléfono 981 751 398 ou no 981 718 056.

A outra actividade que completa o programa de actividades artellado polo Concello de Zas terá lugar o propio martes de Entroido (25 de febreiro) pola tarde. A partir das 16:00 horas comezarán as actividades no pavillón municipal de Zas con pintacaras, xogos e inchables para que os máis novos da casa desfruten desta gran festa. Un pouco máis tarde, a partir das 19:00 horas, comezarán o tradicional concurso de disfraces no que se repartirán centos de filloas á pedra entre todos os asistentes e un total de 1.170 euros en premios.

Tamén haberá un premio especial de 80€ para o mellor “Zaschoqueiro”. O xurado estará composto por membros do Concello de Zas e tres membros pertences a algunha das asociacións do municipio. Os premios outorgaranse en función da orixinalidade e a singularidade dos disfraces así como os materais para a elaboración, a confección e a posta en escena.

Cartel do Entroido de Zas 2020.
Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?