Zas xa dispón da programación deste Nadal


A programación arranca o 11 de decembro ás 20:00 horas coa obra de teatro  “Conexión pingüín” no Auditorio de Zas. Os actores Luis Iglesia e Marcos Orsi – de Culturactiva Producións – farán reflexionar con esta comedia dirixida ao público adulto sobre a incomunicación na era da comunicación. 

Ao sábado seguinte, o 18 de decembro, ás 20:00 horas Talía Teatro trae ao Auditorio de Baio a súa obra de teatro recentemente estreada “A parábola do angazo”. Artur Trillo e Toño Casais farán a través da comedia un repaso pola historia da nosa lingua. Tamén está dirixida ao público adulto.

Pero os verdadeiros protagonistas do Nadal son os nenos e nenas así que na programación, artellada polo departamento de Cultura do Concello de Zas, non podían faltar os espectáculos para os máis novos da casa.

Unha das novidades deste ano é o obradoiro de modelaxe de Nadal dirixido ao público adulto que se realizará o 11 e o 18 de decembro no Centro Sociocultural de Zas en horario de 16:00 a 19:00 horas. 

Para asistir é obrigatorio o uso de máscara e é importante lembrar que en todas as actividades o número de prazas ou o aforo é limitado polo que é necesario reservar praza con antelación a través de calquera destes dous números de teléfono:

  • 981 751 398  (Centro Sociocultural de Zas)
  • 981 718 056 (Centro Sociocultural de Baio)