Os máis novos da casa volverán ser os protagonistas das actividades culturais do programa cultural deste Nadal posto en marcha polo Concello de Zas e que arranca xa este martes. O Auditorio de Baio, o Centro Sociocultural de Zas e o Centro Sociocultural de Baio serán as ubicacións nas que se desenvolverán o programa que este ano vén limitado pola situación sanitaria que vivimos provocada pola Covid-19.