Zelenski asegura que Ucraína non poderá entrar na OTAN

1 minutes read

O presidente de Ucraína asume que o seu país non formará parte da Alianza Atlántica. Volodímir Zelensky chegou a esta conclusión despois de varias conversacións cos líderes europeos sobre a adhesión de Ucraína á OTAN e as evasivas destes para admitila. E así llo explicou nunha mensaxe por videoconferencia aos líderes dos países nórdicos e bálticos reunidos co primeiro ministro británico Boris Johnson. Aínda así, Zelensky volveu a reclamar ás aliadas armas para defenderse da invasión rusa. Mentres, o embaixador de Rusia #ante a ONU pide que se vote o mércores a súa propia resolución humanitaria sobre a situación en Ucraína, unha que «non sexa un disfrace para culpar e avergoñar de novo a Rusia». Pola súa banda, o Presidente de Estados Unidos, Joe Biden, reafirma o seu firme compromiso cos seus aliados da Alianza e asistirá o xoves ao cume especial da OTAN en Bruxelas.