Zelenski denuncia a decapitación dun preso de guerra ucraíno por parte de Rusia

O presidente Volodímir Zelenski arremeteu este mércores contra Rusia cualificando ás tropas rusas como «bestas» tras a publicación nas redes sociais dun vídeo que mostra a decapitación dun presunto prisioneiro de guerra ucraíno. Ademais o xefe da diplomacia ucraína, Dmytro Kouleba, denunciou o «horrible vídeo» dicindo que Rusia é «peor que o Estado Islámico», a organización yihadista que filma as execucións dos seus reféns, incluso decapitándoos. Os integrantes da misión de Dereitos Humanos da ONU en Ucraína mostráronse «arrepiados» polo vídeo. Unha voceira da UE afirmou que Bruxelas pedirá contas aos criminais de guerra. Fai só un par de semanas, a ONU acusou as forzas ucraínas e rusas de cometer execucións sumarias de prisioneiros de guerra durante a invasión, unha mensaxe que emitiu sen comparalos xa que o organismo admite que non puido investigar da mesma forma os crimes rusos polos impedimentos da propia Rusia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha