Zelenski denuncia que Rusia non deixa pasar axuda humanitaria a Mariúpol

1 minutes read

O presidente de Ucraína, Volodímir Zelenski, compareceu este martes no Parlamento Británico por videoconferencia. Durante a súa intervención, denunciou que Rusia non permite o paso de axuda humanitaria á cidade de Mariúpol e sinalou que o seu exército defende á poboación civil «como poden». «En Mairúpol morreu unha nena pequena por falta de auga, non nos deixan levar alimentos nin auga, están a bloquealo», dixo o presidente ucraíno. Ante a cámara británica, Zelenski repasou día a día as armas e accións que realizou Rusia desde o comezo da invasión, acusou ao país de Vladímir Putin de realizar «terrorismo nuclear», e animou a facer o mesmo por parte do Goberno de Boris Johnson.