O presidente ucraíno durmiu en París onde chegara o mércores procedente de Londres. Emmanuel Macron e Volodímir Zelenski voaron xuntos este xoves nun avión oficial francés desde a base aérea de Villacoublay, nos arredores de París, con destino a Bruxelas, onde ambos participan no cume europeo. O presidente de Ucraína pronunciou un discurso ante os eurodeputados en Bruxelas, cando se vai a cumprir un ano da invasión rusa do seu país. Volodímir Zelenski, declarou ante o Parlamento Europeo que a defensa do territorio ucraíno fronte á invasión rusa era tamén a defensa de Europa. Nunha declaración conxunta, os líderes dos distintos grupos políticos do Parlamento pediron aos Vinte e sete “que aumenten e aceleren a súa axuda militar, proporcionen os equipos militares e sistemas de defensa necesarios e adestren ás forzas ucraínas”.
20