Zelenski pide á ONU actuar contra o ‘terror enerxético’ de Rusia

Os últimos ataques deixaron varios mortos, e provocaron a desconexión de tres centrais nucleares, cortes masivos de enerxía e auga, particularmente na capital. Tamén afectaron á veciña Moldavia.

Estados Unidos acusou ao presidente de Rusia de «converter nunha arma o inverno para inflixir un sufrimento inmenso ao pobo ucraíno».

En Europa, a Eurocámara, que este mércores cualificaba a Rusia de «Estado promotor do terrorismo», respondeu á difícil situación dos ucraínos coa iniciativa ‘Xeradores de esperanza’. A campaña pide ás cidades europeas que doen xeradores e transformadores para axudar aos ucraínos para sobrevivir ao inverno.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha