Zelenski pide accelerar o envío de armas na conferencia de Múnic

O sentimento de urxencia planea sobre a conferencia de seguridade de Múnic, que comezou este venres, cando está a piques de cumprirse un ano da invasión rusa, cunha intervención do presidente ucraíno, Volodímir Zelenski.

«Necesitamos rapidez. Velocidade para concluír os nosos acordos, velocidade das entregas para reforzar a nosa loita, velocidade das decisións para limitar o potencial ruso. Non hai alternativa á velocidade, porque da velocidade depende a vida«, afirmou Zelenski.

O chanceler alemán, Olaf Scholz, instou, pola súa banda, aos aliados para actuar con pés de chumbo fronte a Rusia e a coordinarse porque esta guerra é «perigosa», advertiu.
Tamén pediu aos países que dispoñen de tanques LEOPARD 2 que os envíen a Ucraína canto antes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha