O presidente de Ucraína pide desterrar a corrupción entre xuíces, deputados e reclutadores militares. Esta alegación coincide co anuncio dos servizos secretos ucraínos de que están a investigar a un exdiputado por mentir para poder saír do país no medio da lei marcial para irse de vacacións ás illas Maldivas.
O exdiputado dimitiu esta semana e segundo informacións preliminares, presentou información falsa para poder saír ilegalmente de Ucraína, en concreto sobre a duración, o motivo e o país de destino, explicou o Servizo de Seguridade de Ucraína (SBU) nun comunicado.
A lei marcial ucraína prohibe saír do país a todos os homes en idade militar que non teñan autorización expresa para facelo. Os cargos políticos tamén teñen limitadas as súas saídas do país.