Zelenski reuniuse co papa Francisco no Vaticano

1 minutes read

O encontro chega despois de que o pontífice revelase que está en marcha unha misión para poder poñer fin á guerra en Ucraína, iniciativa diplomática da que aínda non se coñecen os detalles, aínda que unha fonte vaticana sinalou a medios rusos que o encontro «non está directamente relacionado» con ela e que Zelenski solicitou a reunión con Francisco «hai só uns días».

Antes de este encontro no Vaticano, Zelenski reuniuse coa primeira ministra italiana. Giorgia Meloni prometeu o pleno apoio de Italia a Ucraína nos seus esforzos por repeler a que definiu como «brutal e inxusta agresión» de Rusia. Meloni asegurou onda Zelenski que Italia continuará fornecendo armas a Ucraína e apoiando ao país invadido durante todo o tempo que sexa necesario. Zelenski comezou as súas reunións oficiais en Roma co presidente de Italia Sergio Mattarella no palacio do Quirinale. Mattarella asegurou ao seu invitado que Italia seguiría apoiando militar e financeiramente a Ucraína.