Zulaikha Patel, protagonista da Galería Mulleres de Muxía no mes de agosto

Cedida

  • A BBC recoñeceuna entre as 100 mulleres destacadas de 2016

O Concello de Muxía dedica a Galería de Mulleres do mes de agosto á activista antirracista, Zulaikha Patel. Filla de nai africana e pai indio, sempre foi unha nena interesada pola política e o que ocorría no seu país. Con tan só 13 anos, en 2016, lidera as manifestacións en contra da norma do seu colexio Pretoria Girls High School ( Gauteng, Sudáfrica) que impoñía o alisado dos cabelos das alumnas ao ser máis “apropiado”. Por este motivo foi presionada por parte de docentes a través de comentarios sexistas e racistas. Pero este problema non era o único. O profesorado negaba tamén o dereito ás súas alumnas para falar os seus idiomas maternos e segundo algúns medios e columnistas, instruíanas no oficio de “negar a súa negritude”.

O resultado final das protestas foi a supresión da norma de réxime interno sobre o peiteado das alumnas. Ademais, as autoridades da provincia comezaron investigar as condutas racistas e abriuse o debate sobre un cambio na lexislación convertendo a Zulaikha nunha icona da loita e resistencia antirracista, con só 13 anos.

A BBC recoñeceuna entre as 100 mulleres destacadas de 2016.