10 deportistas sub 16 e 18 da AD Fogar acoden ao Nacional de Campo a Través

1 minutes read

Logo de acadar a clasificación nacional por equipos en Cangas de Foz como Campións Galegos sub16 e Subcampións Galegos sub18; Roque González, Michel Núñez, Joel Barcia, Óscar Alberte e Líam Hernández no equipo sub16 e Anxo Bello, Iago Prada, Nuno Moure, Hugo Souto e Adrián Sancho no equipo sub18 son os atletas chamados a representaa á AD Fogar no Campionato de España de Campo A Través por Clubs a celebrar o domingo día 19 de novembro na localidade de Soria onde tomarán parte 430 equipos e máis de 2200 atletas. Os da AD Fogar de Carballo é Oleiros que tomarán parte por terceiro ano consecutivo na categoría sub16 e debutarán este ano cun equipo sub18, viaxan a Soria coa intención de loitar cos 20 mellores equipos de España. Nesta 58ª edición do Campionato de España de Campo a Través por Clubs disputaranse 11 carreiras retransmitidas na plataforma de streaming LaLigaPlus, así como en televisión en Canle 9 Soria e na web de RTVE Play.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?