100% efectiva en animais unha vacina anticovid feita en Galicia


Na actualidade hai tres proxectos de vacina contra o coronavirus que desenvolve o CSIC e a máis avanzada de España é na que se traballa nos laborarorios que o grupo Zendal ten no Porriño. Os ensaios xa realizados con ratos modificados xeneticamente para responder como humanos demostraron unha efectividade da vacina do cen por cento, conseguindo protexelos da enfermidade, da súa letalidade e eliminando o virus dos pulmóns. Estes resultados son moi importantes porque avalan o inicio dos ensaios clínicos con humanos, pero sería necesario un forte apoio tanto institucional como económico para o seu desenvolvemento. Se a Axencia Española do Medicamento o autoriza, poderían comezar no mes de marzo ou abril. Para o ensaio clínico en fase I recrutáronse a 112 voluntarios, mentres que para a fase II, que se realizará paralelamente, contarase con 500.