O 11 de Marzo de 2004 España sufriu o peor atentado islamita rexistrado en Europa, que axudou a excitar o sectarismo e creou un clima de permanente sospeita.
Ás 7 e media da mañá, en hora punta, producíronse dez estoures case simultáneas en catro trens de Madrid. Máis tarde, e tras un intento de desactivación, a policía detonou de forma controlada dous artefactos que non estalaran. Tras iso desactivaron un terceiro que permitiría, debido ao seu contido, iniciar as primeiras pescudas que conducirían á identificación dos autores.
Diversas son as secuelas do 11-M na vida política de España. A sacralización da sospeita. O medo cerval dos dirixentes aos imprevistos. O uso desinhibido da mentira e a irritación social ante o uso político da mentira. Unha recorrente tendencia a considerar ilexítimo ao Goberno, especialmente cando manda a esquerda.
A transformación do PSOE nun partido accidentalista que accede ao poder en circunstancias moi criticas. A xerminación dunha influente extrema dereita mediática coa compracencia de medios de comunicación vinculados á Igrexa católica.
A constante desautorización dos líderes da dereita que tenden á moderación. A instalación definitiva das técnicas norteamericanas de polarización política nunha sociedade que maioritariamente aspiraría a un clima de tranquilidade. O progresivo enconamento da cuestión de Catalunya, e por último, aínda que non o último, o reinado da telefonía móbil no debate público e nas estratexias de axitación.