12 anos de cárcere á condutora que matou dous mozos nun accidente en Ribeira

1 minutes read

Os feitos ocorreron o 5 de maio de 2019, cando a condenada conducía un vehículo a 130 Km/h entre Padrón e Ribeira e, á altura de Palmeira invadiu o carril contrario e chocou frontalmente contra outro coche no que viaxaban un home e unha muller, que faleceron polo impacto.

A sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña que condenara a 12 anos e medio de cárcere á condutora que causou este accidente mortal.

O TSXG deu por válida a sentenza do 19 de xaneiro de 2023 da Audiencia da Coruña que condenaba a muller por dous delitos de homicidio doloso, en concurso cun delito contra a seguridade viaria.

Ademais da pena de 12 anos e medio de prisión, o TSXG ratificou tamén a condena relativa á privación, durante oito anos, do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores, o que comporta a perda do permiso de conducir.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?