O incremento das horas asignadas para o financiamento do Servizo de Axuda do Fogar (SAF), dirixido a persoas en situación de dependencia recoñecida, en máis dun millón de horas anuais está permitindo atender a todas as persoas que se atopan á espera da asignación efectiva do recurso. Respecto á comarca da Coruña, o plan de reforzo traduciuse nun incremento de máis de 390.000 horas anuais para os concellos da Coruña, Aranga, Arteixo, Betanzos, Cambre, Carral, Curtis, Mesía, Miño, Oleiros, Sada Sobrado e Vilasantar. O incremento permitiu a estes municipios pasar das 2.202.276 horas de que dispoñían ata o momento ás 2.593.452 horas coas que contan na actualidade. En total, estes 13 concellos atenden a 1.348 persoas e contarán con marxe para incrementar o servizo en 2021 se fose necesario.
| CONCELLO | HORAS ANUAIS ANTES DO INCREMENTO | INCREMENTO DE HORAS ANUAIS | HORAS ANUAIS ACTUAIS | Nº USUARIOS |
| A Coruña | 1.813.236 | 342.984 | 2.156.220 | 503 |
| Aranga | 21.600 | 588 | 22.188 | 58 |
| Arteixo | 53.820 | 84 | 53.904 | 138 |
| Betanzos | 41.112 | 144 | 41.256 | 95 |
| Cambre | 46.380 | 12.180 | 58.560 | 82 |
| Carral | 17.868 | 96 | 17.964 | 34 |
| Curtis | 26.724 | 1.872 | 28.596 | 69 |
| Mesía | 13.296 | 180 | 13.476 | 32 |
| Miño | 28.704 | 7.704 | 36.408 | 59 |
| Oleiros | 42.696 | 5.280 | 47.976 | 76 |
| Sada | 46.464 | 14.556 | 61.020 | 89 |
| Sobrado | 31.296 | 3.864 | 35.160 | 60 |
| Vilasantar | 19.080 | 1.644 | 20.724 | 53 |
| TOTAL | 2.202.276 | 391.176 | 2.593.452 | 1.348 |