Ponteceso | Iniciadas as obras das sendas que conectarán o lugar de Tella co polígono

1 minutes read
  • O Concello investirá 30.000 euros e a Consellería de Economía, Emprego e Industria aportará 120.000 euros

Xa están en marcha as obras de construcción de dúas sendas que conectarán o centro de Tella co polígono industrial. Esta primeira fase enlazará A Calle co parque empresarial mellorando tamén a conexión do polígono co centro de Ponteceso. En total serán 2.270 metros de lonxitude que se crearán grazas a un investimento total de 150.000 euros, aportando o Concello 30.000 mentres que o resto, 120.000 euros, estará financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A obra realizarase na súa totalidade na AC-419 e afectará aos lugares de A Calle, Fontán e O Petón. Nas actuacións inclúese o arranxo da vía de servizo do Petón ao polígono así como a senda do parque empresarial ao cruzamento da pista da Agra a Lestimoño pola outra beiravía. Na marxe dereita melloraranse os accesos para dar continuidade peonil ao longo de todo o tramo. Tamén se proxecta un acceso que servirá como camiño de servizo ás parcelas privadas e habilitarase un carril peonil que estará separado do tráfico rodado.

Con respecto á marxe esquerda da AC-419, existe un camiño de servizo da estrada autonómica para as parcelas privadas anexas no que se propón acondicionar o ancho de xeito uniforme ao longo de 570 metros de dito acceso, así como a mellora do firme. Tamén se realizarán tarefas de roza e limpeza das cunetas e darase continuidade a este camiño de servizo cun pequeno movemento de terras.

O prazo de execución da obra é de noventa días.