14 feridos nunha montaña rusa de PortAventura tras caer unha árbore

2 minutes read

A caída dunha árbore sobre unha montaña rusa infantil do parque temático PortAventura, en Vilaseca (Tarragona) este domingo deixou 14 feridos, dous deles en estado crítico.

O accidente tivo lugar ao redor das once da mañá cando, debido ao forte temporal de vento, unha árbore caeu e algunhas das súas ramas impactaron sobre as persoas que estaban montadas na atracción Tomahawk.

Os dous feridos en estado crítico son adultos e entre os feridos hai dous menores como informa o Sistema de Emerxencias Médicas (SEM) da Generalitat.

O SEM mobilizou 8 ambulancias e un helicóptero para atender ás 14 persoas feridas. Segundo o informe oficial, as dúas en estado crítico trasladáronse aos hospitais de Bellvitge (L’Hospitalet) e Joan XXIII (Tarragona). Tres persoas en situación menos grave tamén se trasladaron a hospitais da zona.

O parque tomara medidas fronte ao episodio de fortes ventos e atraccións de maior envergadura foran pechadas ao público, como Ferrari Land ou Furacán Cóndor entre outros. Tomahawk seguía aberto porque é unha tracción “suave” segundo unha voceira de PortAventura.

É unha montaña rusa enfocada a nenos, ten unha altura mínima para subir de 1,05 metros e máxima de 1,85 metros. Tras suceder o accidente o parque pechou.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?