15 feridos nunha explosión accidental en Xirona


Quince persoas resultaron feridas a última hora deste venres, unha delas de gravidade, ao explotar un bidón de nitróxeno líquido durante un acto de divulgación científica en Xirona. Entre os feridos hai dez menores de idade, tres deles graves e sete leves, e cinco adultos, deles un grave e catro leves. O ferido máis grave foi o axudante do condutor desta animación científica que se celebraba no patio interior da casa da Cultura. Mentres estas dúas persoas manipulaban dous grandes bidóns metálicos con nitróxeno líquido e vapor de auga, produciuse unha forte explosión. O axudante do condutor da demostración científica foi o que sufriu feridas de maior gravidade xa que a explosión se produciu mentres manipulaba os bidóns.