15 laracheses participaron na xornada formativa sobre o manexo do souto

1 minutes read
  • Permanece aberta a inscrición na xornada sobre pragas e doenzas do castiñeiro que se realizará o 4 de agosto.

O edificio administrativo da Laracha acolleu este martes a segunda das tres xornadas das que consta o curso formativo sobre a planificación, deseño, manexo e coidados das plantacións de castiñeiro de froito, á que asistiron 15 persoas. Foi impartida por persoal técnico do Centro Agroforestal de Riós en colaboración coa Consellería do Medio Rural e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal). Os contidos da sesión xiraron ao redor do manexo dos terreos poboados por castiñeiros.

O 4 de agosto (10:00 a 14:00 horas) a última xornada centrarase nas pragas e doenzas do castiñeiro. A inscrición permanece aberta, é gratuíta e debe formalizarse no Concello.

Estas xornadas van dirixidas especialmente a tres colectivos: produtores en activo, persoas que pretendan iniciar unha actividade agraria e desempregados na busca dunha incorporación ao mercado laboral por conta allea en empresas do sector primario.