29
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, Explicou que esta iniciativa autonómica está a ter unha “acollida espectacular”, batendo récords como no pasado mes de xullo, coa expedición de 4.209 tarxetas. esta iniciativa facilita os desprazamentos dos mozos aos seus lugares de estudo, ás ensinanzas non obrigatorias ou ao traballo, superando as barreiras entre a Galicia urbana e rural. A nova aplicación ‘Xente Nova no móbil’, que está dispoñible tanto para os dispositivos Android como para Apple, eliminará a necesidade da tarxeta física, de ter saldo e da recarga no caixeiro.