17.000 fogares continúan sen luz por mor de Fabien


  • Puntos de Zas e Cee están sen servizo dende o pasado xoves.

Uns 17.000 fogares continúan sen luz por mor dos cortes de subministro que deixou o temporal Fabien. A provincia de Ourense é a máis afectada, con oito mil cincocentos usuarios á espera de seren reparadas as liñas.

Ao longo deste domingo os operarios arranxaron máis da metade dos cortes producidos polos fortes ventos do sábado.
Segundo informa a principal subministradora, Naturgy, ademais dos afectados de Ourense, desta hai tres mil cincocentos usuarios en Pontevedra e dous mil cincocentos na Coruña e Lugo con problemas de subministro.