18 detidos en Cataluña vencellados ao narcotráfico e ao crime organizado italiano

1 minutes read

Os Mossos d’Esquadra detiveron a18 persoas na área metropolitana de Barcelona. Son presuntos narcotraficantes vencellados ao crime organizado italiano.

Dedicábanse ao tráfico nacional e internacional de marihuana e haxix. O operativo policial efectuou 21 rexistros en diversos domicilios e naves industriais de Barcelona, Terrassa, Ripollet ou Badalona, entre outros lugares.

Foron desmanteladas seis plantacións de marihuana, cunhas 4.000 plantas e un laboratorio de produción de haxix. Tamén se requisaron 31 quilos desa droga e 53.000 euros en efectivo.

Durante a investigación, os Mossos interviñeron ademais un cargamento cuns 400 quilos de haxix, que chegara a Cataluña oculto en tractores procedentes de Marrocos.